20 oct 2001
Un libro reúne por primeira vez os contos eróticos da tradición galega
Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Cuba recompilaron trescentos relatos populares de carácter oral Di un refrán que «mellor é poñerse unha vez colorado que un cento amarelo». Colorados son os contos da tradición oral galega de corte erótico, que recolleron Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Cuba, e que Xerais publica coas ilustracións de Lázaro Enríquez. Son 290 relatos, que, nalgúns casos, chegan a ter máis de 500 anos de antigüedade.