25 jun 2002
«En tódalas vidas hai aventura»
Xosé Miranda, autor de «Morning Star» Cunha historia de bandoleiros galegos do XIX, Xosé Miranda (Lugo, 1955) acadou o premio Xerais en 1998. Homenaxe a Stevenson e ó xénero de aventuras, «Morning Star» é a obra dun autor preocupado por gañar lectores para o galego e por recuperar o papel vital dos contos de tradición oral. «Morning Star» é unha historia que callou moi ben no público xuvenil, pero Xosé Miranda non distingue a literatura por idades. Para el, o importante da literatura é que nos «fai soñar as cousas marabillosas dos contos», ante o risco de «soñar coas películas de kung fu da televisión». Aventura nos libros, aventura nas nosas vidas.