08 abr 2019
Hoxe tamén comerán
Saben o que facer, están organizados e moi motivados. Moven mercadorías, escollen e distribúen. Entre bromas, con rapidez e eficacia, nun perfecto caos solidario. Do seu traballo depende a comida cotián de máis de 21.000 persoas da provincia de A Coruña. Eles son voluntarios do Banco de Alimentos Rías Altas.