Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

As opcións de permanencia na Tercera FEB empezan a definirse hoxe para o Sigaltec

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

DEPORTES

Acción do partido do Sigaltec CLB fronte ao Universidad de Oviedo
Acción do partido do Sigaltec CLB fronte ao Universidad de Oviedo MONICA IRAGO

Os de Luis Gabín visitan a un rival directo, o CB Navia asturiano

21 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Consumidos tres cuartos de competición, a pelexa do Sigaltec CLB pola permanencia na Tercera FEB entra hoxe na súa fase decisiva, na que cada vitoria e derrota impulsará ou lastrará con efecto multiplicador o avance do conxunto vilagarcián de cara a evitar os catro últimos postos, os que condenarán á perda da categoría nacional. Co valor de cada partido cotizando ao dobre ou ao triplo. Como o que esta tarde xogan os homes de Luis Gabín na cancha asturiana do CB Navia La Magaya (19 horas).

Décimo terceiro e penúltimo clasificado, o equipo anfitrión conta o mesmo número de partidos gañados, cinco en 18 xornadas de Liga, co pechacancelas, pero tan só un menos co Sigaltec, oitavo na táboa e límite do intervalo de sete equipos, a metade dos que constitúen o Grupo A-B da Tercera FEB, metidos de cheo na guerra pola salvación na marxe dunha vitoria a falta de oito xornadas para o final da competición.

Con estes números na cabeza, e recordando o triunfo arousán por 13 puntos de diferenza na primeira volta, Luis Gabín cualificaba na véspera de «moi transcendente» o seu duelo co CB Navia: «Gañando nós, implicaría sacarlle dúas vitorias máis a diferenza particular, que serían tres, con só sete partidos máis por xogar. Perder, e facelo por máis de 13 puntos colocaría a Navia por riba de nós cos mesmos partidos gañados».

Seis derrotas encadea o cadro asturiano. Unha xeira na que, comenta Gabín, semella ter moito que ver a grave lesión articular de Guillermo Rodríguez, un catro que exercía de xogador de referencia dun equipo que, como o vilagarcián, acaba de chegar á Tercera FEB. Con todo, esta semana o CB Navia fichou a Diamond Onwuka, outro catro, catalán e con pasado na canteira do FC Barcelona, que introduce unha incógnita por despexar no partido.