Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

«San Ramón era como o Nadal, un día de reencontro familiar»

ASTURIAS

José Ramón Romero Alcalde de BoiroO rexedor indica que antes de que a irrupción do covid impedise a romaría, moitos boirenses que viven fóra aproveitaban esta data para regresar

03 sep 2021 . Actualizado a las 13:10 h.

José Ramón Romero agarda que o vindeiro ano poida celebrarse a festa FOTO marcos creo

Por segundo ano consecutivo non hai os tradicionais festexos para conmemorar o San Ramón de Bealo, unha das citas máis importantes en Boiro e na bisbarra. Sábeo ben o alcalde, José Ramón Romero, quen tamén é consciente de que a situación sanitaria impide a súa celebración como se coñecía ata a irrupción do covid.

-Que representa o San Ramón para Boiro?

-É un dos festexos máis antigos de Galicia, leva celebrándose máis de 260 anos. Xa o ano pasado tivo que mudar e só houbo misas, e este será o mesmo. Ten un valores singulares, con importancia espiritual, relixiosa e tamén turística para toda a comarca do Barbanza.

-E non só é unha festa, é unha romaría das de toda a vida.

-Efectivamente. O San Ramón era como o Nadal, un día de reencontro familiar, pero en verán. Moita xente de Boiro que vive fóra por motivos laborais vén nesta data para estar e comer cos seus.

-Non debe ser fácil ter que renunciar á súa celebración.

-Non, porque é unha das citas máis importantes que temos e que atrae a un maior número de visitantes, polo que ten repercusión económica.

-Tras xa case ano e medio de pandemia, como está o municipio? Resistiu o golpe?

-Creo que, en xeral, si. Por suposto hai quen está a pasalo mal, pero o verán parece que está indo ben e co avance da vacinación esperemos que a recuperación se materialice.

-Contar no concello con empresas que son referencia no seu campo axuda.

-Dependemos moito da industria alimentaria e non parou de traballar. Se fóra ao revés, se tiveran que cesar a actividade, habería máis problemas. Pero as grandes industrias suavizaron o golpe do covid.

-Falando do verán, dixo que estaba a ir ben. Moito turista?

-Foi un verán atípico, que obrigou a facer cambios, pero adaptámonos e impulsáronse moitas actividades culturais e deportivas. Ademais, algo que agradeceron os veciños, levando actos ás parroquias. E recibimos a moitísimos visitantes, sobre todo neste mes de agosto, algo que favorece ao noso comercio e á hostalaría.