Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Carballo traslada a divulgación científica dos bares, ás praias e solpores

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Óscar Blanco tamén pasou por Dumbría hai uns días para falar do eclipse
Óscar Blanco tamén pasou por Dumbría hai uns días para falar do eclipse CONCELLO DE DUMBRÍA

O Concello presenta o programa Sol x Ciencia: dúas xornadas de charlas en Razo e Baldaio

14 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

20 e 29 de xullo • Cámping Baldaio e Terra-Bar Razo • Xa o avanzaron na presentación do último Pint: veñen dous anos de moita ciencia en Carballo a través do proxecto Talento km0. E o Concello vén precisamente de dar a coñecer cal será a seguinte actividade: un ciclo de divulgación que trasladará o coñecemento ás praias e que terá como fío condutor a eclipse do vindeiro 12 de agosto. 

Serán catro charlas, que se dividirán en dúas xornadas e que serán de acceso totalmente libre e gratuíto. Encadraranse na European Researcher's Night (Noite das persoas investigadoras) e, seguindo o modelo do Pint of Science, nos descansos haberá concursos e sorteos.

A primeira xornada será o día 20 de xullo, ás 20.30 horas, no cámping Baldaio. Abrirá as intervencións Isabel Lema Gesto, profesora titular da área de Oftalmoloxía na USC, que ofrecerá a charla A eclipse a través dos teus ollos: mirar o sol de xeito seguro. Isabel conta «cunha destacada traxectoria como investigadora no campo das neurociencias clínicas e a patoloxía do sistema visual», avanza o consistorio, engadindo que durante a súa intervención aportará claves médicas «para gozar da eclipse protexendo a saúde ocular», indican.

César González García, doutor en Astrofísica e investigador do CSIC, tomará o relevo coa charla Ceos de pedra: eclipses na historia e na cultura. César estuda como as distintas civilizacións interpretaron a plasmaron os fenómenos celestes e as eclipses ao longo da historia.

A segunda xornada, tamén ás 20.30, será o 29 de xullo en Terra Bar, Razo. Cando un aliñamento dos astros non é suficiente leva por título a intervención da profesora e investigadora na área de Matemática Aplicada da USC Begoña Nicolás Ávila, que «descubrirá ao público a precisión matemática e as variables que rexen os movementos dos astros no noso sistema solar», di o Concello.

Pechará Óscar Blanco Varela, astrofotógrafo, divulgador e director do Centro Astronómico Trevinca.