Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Adrián Seijas Gamardo, investigador en medicina rexenerativa: «Viaxaría nun chip polo corpo para ver como funcionan as células»

Rosa Estévez
Rosa Estévez VILAGARCÍA / LA VOZ

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

<span lang= gl >O investigador en medicina rexenerativa Adrián Seijas, hai uns días en Santiago</span>
O investigador en medicina rexenerativa Adrián Seijas, hai uns días en Santiago SANDRA ALONSO

Investiga solucións para enfermidades como a endometriose e o alzhéimer, pero ademais é un gran divulgador: creou a árbore de Nadal máis pequena do mundo nun laboratorio holandés para conseguir que a xente falase de ciencia

15 ene 2025 . Actualizado a las 12:00 h.

Adrián Seijas Gamardo (Ames, 1995) é un dos investigadores en medicina rexenerativa que traballan no MERLN Institute de Maastricht. Alí replica as células e os seus procesos en chips moito máis pequenos do que describe a palabra diminuto, indagando nesa escala ínfima as claves para curar moitas enfermidades. Case nada! Pero este ano, Adrián fíxose famoso por ser o autor intelectual da árbore de Nadal máis pequena do mundose o confirma o Guinness—. Hai algo máis dun ano, tomando un café no laboratorio, escoitou que en Vilagarcía presumían dun diminuto abeto de dous centímetros. «Agárrame o café», debeu pensar. Nuns minutos estivo listo un bosque de 12 árbores dun diámetro, cada un deles, dez veces máis pequeno que o dun cabelo humano.

—Teño escoitado a algunha xente preguntarse se non terán nada máis importante que facer no seu laboratorio que poñerse a deseñar abetos diminutos...

—Eu tamén o teño escoitado! Pero a verdade é que isto levou moi pouco tempo, o investimento económico foi mínimo e está dando moito que falar... De ciencia! Á conta da árbore, a xente está a descubrir que hai unha máquina e unha técnica, a de polimerización de dous fotóns, coa que podemos facer de forma sinxela cousas tan pequeniñas que usamos para investigar e facer modelos de enfermidades no laboratorio.

—Enfermidades como a endometriose e o alzhéimer.

—A endometriose afecta ao 10 % das mulleres do mundo, pero nunca se lle prestou moita atención porque era unha enfermidade das mulleres. Estou investigando como funciona neste caso o mecanismo da dor. En vez de probar con animais, o que facemos é fabricar chips. Non son chips de ordenador, son uns aparatiños moi pequenos nos que podemos ter distintas estruturas con distintas células e nas que recreamos distintas condicións. Noutro proxecto estamos traballando coa barreira hematoencefálica, intentando replicar nun chip o seu funcionamento para ver se conseguimos que deixe pasar unha serie de medicamentos que poden axudar a curar enfermidades como o alzhéimer.

—Por que teñen que traballar en escalas tan diminutas? E diminuta xa é unha palabra demasiado grande!

—Cando temos animais de laboratorio, tamén escollemos ratos ou ratas porque son pequenos e podemos ter moitos para facer moitas probas. Cos chips é parecido, máis barato incluso, e podemos producir moitos... Iso é moi importante polas estatísticas; nisto non vale con que algo funcione unha, dúas ou tres veces. Por outro lado, non podemos traballar no laboratorio con órganos máis grandes ou completos; canto máis tamaño, antes empezan a dexenerar.

—Estou a falar con vostede e vénseme á cabeza a película «El chip prodigioso», onde varios científicos se miniaturizaban e acababan dentro dun corpo humano... Vostede meteríase nun chip?

—Encantaríame! Pensamos que sabemos moito do corpo humano, pero en realidade temos que imaxinar como funcionan moitas cousas porque non somos quen de velas ao ter unhas dimensións moi pequeniñas. Así que claro que viaxaría nun chip polo corpo! Sobre todo se fose a escala molecular, para ver como funcionan as células.

—Debemos supor que o futuro da medicina está aí, neses tamaños mínimos?

—Exacto. Todas as empresas teñen unha rama de investigación neste campo, é o futuro. Europa estase quedando atrás con respecto a Estados Unidos, e non podemos permitírnolo.

—E aí anda vostede por Europa, un científico español traballando fóra. Vaia tópico máis triste!

—Dáme moita pena porque a educación en España é boa. Decateime cando cheguei aquí, no meu laboratorio hai moi poucas persoas holandesas traballando. A xente sae moito mellor formada de España e en xeral dos países do sur de Europa, pero os países do norte o que teñen é que lle dan moita importancia a como vender o que fan, a como sacarlle partido. Hai moitas conexións con empresas que invisten cartos en investigación. Pero eu estou convencido de que España ten os ingredientes necesarios para facer boa investigación. O que boto en falta é que se valore dende o Goberno de forma práctica, con recursos económicos. A investigación é moi sacrificada, son moitas horas de traballo, e comparando todo ese esforzo co salario, non está ben pagado.

Pilar Canicoba

E para rematar... 

1. Que non falta na súa casa?

Unha cafeteira de Nespresso que levo comigo en todas as mudanzas.

2. Que titular lle gustaría ver abrindo La Voz?

Crean en Galicia un centro de investigación en medicina rexenerativa.

3. Un día que non esquecerá?

O día no que un experimento no que levaba traballando dous anos por fin funcionou. Púxenme a aplaudir eu só!