Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

José Rivas: «A nanotecnoloxía democratizou a ciencia, porque todos teñen un móbil»

Raúl Romar García
R. ROMAR REDACCIÓN / LA VOZ

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

PACO RODRÍGUEZ

O catedrático de Electromagnetismo e pioneiro neste ámbito cre que estamos asistindo a «unha nova revolución científica». Foi o encargado de inaugurar o curso académico da Real Academia Galega de Ciencias

01 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Imaxínese unha partícula de ouro dun tamaño que sexa a mil millonésima parte dun metro. A súa cor xa non será amarela e as súas propiedades tamén serán diferentes. E o mesmo lles pasa ao resto dos materiais, que a escala nano ofrecen un novo universo de propiedades con aplicacións de todo tipo e en tódolos sectores. «A escala nanométrica permite deseñar materiais con propiedades únicas e revolucionarias», asegura José Rivas Rey (A Pontenova, Lugo, 1947), un auténtico pioneiro na investigación e aplicacións da nanotecnoloxía, a ciencia que manipula a materia a escala case atómica para crear novas estruturas, materiais e dispositivos. Catedrático emérito de Electromagnetismo na Universidade de Santiago e primeiro director do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, Rivas foi o encargado de inaugurar onte en Santiago o curso académico da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) cunha lección maxistral que tivo como título «Nanotecnoloxía: o mundo máis alá dos límites microscópicos».

—Vostede foi pioneiro neste ámbito. Cambiou moito a cousa?

—Nós reunimos no ano 1986 en Santiago nun congreso moi importante a 140 expertos porque xa se falaba do interese na nanotecnoloxía, en particular da electrónica, para chegar a facer transistores a escala nanométrica. Logo Mihail Roco convenceu a Bill Clinton de que era moi importante, porque senón habería un colapso da electrónica. E entón disparouse a investigación e a partires do 200 xa empeza a aparecer un interese masivo polo nano. E a partires do 2010 empeza a aplicarse noutras áreas, como a saúde ou o medio ambiente. E agora xa é unha ciencia moi transversal que abarca moitos campos.

—Está en todo?

—O nano invádeo todo. Xa é practicamente moi difícil atoar sectores onde non estea implantada. Desde a alta tecnoloxía, como o sector espacial, ata as telecomunicacións, enerxía, téxtiles, construción, automóbil, novos materiais... Se no ano 1947 tivemos a revolución industrial da microelectrónica, agora estamos a asistir a un momento parecido, no que xoga unha baza moi importante a nanotecnoloxía, unida a biotecnoloxía; ás tecnoloxías da información e de intelixencia artificial, e as ciencias cognitivas. Estas catro cousas están configurando algo novo que ao mellor é o preludio dunha nova era. E xa temos aplicacións moi importantes na saúde, en computación, en teléfonos móbiles...

—Qué será o próximo?

—Agora empézase a falar de cousas que hai trinta anos parecían imposibles. Un chip antes era un chip, pero agora fálase de biochips; de nanorobótica; de nanosistemas; de redes neuronais en circuítos electrónicos; de biosensores; de bioenxenería... A nanotecnoloxía xa non é agora unha cousa dos físicos, senón unha ciencia multidisciplinar, que se consolidou nas catro ciencias. Penso que estamos asistindo a unha nova revolución científica e tecnolóxica mesturada nesas catro áreas.

—Por poñer un exemplo, os implantes cerebrais con fins médicos, nos que está a traballar Elon Musk e moitos outros. Serían posibles sen nanotecnoloxía?

—A nanotecnoloxía está xogando moi probablemente un papel moi importante nestes avances, porque se empregan materiais máis nanoestructurados, máis lixeiros, máis pequenos e menos contaminantes e con propiedades distintas as que coñecíamos. Hai unha parte importante que fixo a nano e a microelectrónica, que foi a democratización da tecnoloxía.

—Por qué?

—Antes, por exemplo, facer un transistor custaba 10 dólares, e hoxe fanse millóns de transistores por 10 dólares. E todo o mundo ten acceso a eles, porque todo o mundo ten un teléfono móbil ou un ordenador. A nanotecnoloxía é un campo que o impregna todo, porque agora os materiais fanse nanoestructurados, no sentido de que son cada vez máis pequenos, máis lixeiros, máis perfectos e con mellores propiedades.

—A ciencia aportou cambios de forma progresiva, pero agora da a impresión de que os avances irán moi rápido. Pensa o mesmo?

—Sí, porque a ciencia xera máis ciencia, e entón os cambios non son lineais, senón exponenciais. E a presenza da nanotecnoloxía, da intelixencia artificial e da biomedicina vainos facer máis rápido. Pero creo que hai un problema: que a sociedade sexa capaz de absorber moitas innovacións, e non é un problema menor. Como tampouco a necesidade dunha regulación ética ou medioambiental destes avances. Aínda que eu son positivo.

—Vostede foi o primeiro director do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía. Estase a consolidar como referencia?

—Eu fun o primeiro director e rematei no 2014, pero penso que si se está a consolidar como unha referencia. Cando marchei deixeino cun persoal de 150 persoas e co último director xa eran en torno a 400. Está nun bo momento.

«A sociedade ten que crer nos seus investigadores»

 

 

José Rivas tamén é o coordinador dun proxecto que desenvolverá biocápsulas cargadas cunha terapia CAR-T para atacar o cancro desde dentro. Desta forma será posible empregar a inmunoloxía con CAR-T en tumores sólidos, o que agora non é posible.

—Como vai o proxecto?

—Estamos no primeiro ano e vai todo segundo o previsto. Xa temos as biocápsulas e estamos probando as células, aínda que non probamos con animais.

—Qué avance suporá?

—A idea é que as células CAR-T tamén se poidan empregar en tumores sólidos, o que sería un avance tremendo. A idea é poñer as cápsulas preto do tumor e entón actuar sobre el. A biocápsula sería o cabalo de Troia; e as células CAR-T os soldados gregos que van destruír Troia, ou neste caso o cancro.

—Unha patente súa e de Arturo López-Quintela deu luar á creación de Nanogap, unha empresa agora consolidada a nivel internacional. ¿Ese é o exemplo de como a ciencia pode axudar a sociedade?

—Pódese pensar así. Esta empresa é un bo exemplo de que no mundo nano pódense facer cousas prácticas. Son empresas do coñecemento.

[[@embed::0003_201902SM3P10998]]

—Refírome a que igual serían máis necesarias iniciativas deste tipo.

—Eso seguro. Pero tamén a sociedade ten que crer nos seus científicos, e ese é o problema. É certo que faltan cartos, pero tamén hai sociedades como as centroeuropeas e nórdicas que valoran moito aos seus científicos e os apoian. Nós non somos capaces de transmitir a importancia da ciencia, porque realmente o benestar da sociedade depende dela. E tamén é certo que non somos suficientemente emprendedores.

—¿A qué se refire?

—A que os españois e os europeos en xeral temos medo ao fracaso. O americano é máis emprendedor. Se tes unha idea innovadora tes que probala. E se non funciona tampouco é un desastre.