Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Átomos que xogan ao pilla pilla e outras leccións de ciencia no colexio de Rubiáns

Rosa Estévez
r. estévez VILAGARCÍA / LA VOZ

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Martina Miser

O centro recibiu onte a visita da oceanógrafa Paula Diz

07 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Este ano, no colexio de Rubiáns, a cousa vai de ciencia. A comunidade educativa está embarcada, mesmo dende antes do inicio do curso, nun proxecto que pretende achegar á rapazada ao ámbito científico, das hipóteses, dos experimentos... «A ciencia hai que Sabela» é o lema do proxecto de centro que está en marcha e no que, coma sempre en Rubiáns, ten o fío condutor é Sabela, a encarnación do colexio. Dende o primeiro día estase a traballar neste asunto. E onte, para seguir aprendendo e descubrindo, contouse coa axuda de Paula Diz, unha oceanógrafa que deixou á rapazada cos ollos abertos por máis dunha vez.

Paula Diz é profesora de Oceanografía na Universidade de Vigo. Está acostumada a estudantes de máis idade, pero onte demostrou boa man coa rapazada de tres a doce anos coa que se atopou en Rubiáns. Faloulles da auga, de como hai que analizala, las correntes, dos sedimentos... Mesmo levou algunhas mostras que as cativas e os cativos tiveron que observar a través do lente do microscopio.

Contan as mestras que o alumnado prestou moita atención a todo o que contaba a convidada. E non daban crédito —parece que algo imos facendo ben— a que houbera tempos nos que as mulleres non podían subir en buques oceanográficos, pero si analizar as mostras.

Coa visita de Paula Diz arrincan uns días nos que a actividade arredor do programa científico do centro se vai intensificar. E por unha boa razón: o vindeiro sábado celébrase o Día da muller e da nena na ciencia, e quérese aproveitar a ocasión para que as rapazas que se forman nas aulas de Rubiáns saiban que ese ámbito científico tamén é para elas. «É importante que teñan referentes nestes ámbitos», explican desde o equipo docente. Precisamente por iso, no calendario que elaboraron no primeiro trimestre do curso, e no que cada més está protagonizado por unha personalidade científica galega, púxose moito énfase na presenza de mulleres. O calendario, elaborado polo estudiantado e repartido ás familias, é unha boa mostra de como este ano a formación científica se filtra en todo o que se fai en Rubiáns. Mesmo no patio, onde ao pilla pilla xogan agora átomos. E que ben o pasan mentres aprenden.