Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Rubén Ramos exhibe no MAC a súa arte vencellada á ciencia

R. G. REDACCIÓN / LA VOZ

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

PACO RODRÍGUEZ

O artista galego reside en Singapur, onde traballa no campo da física cuántica

23 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Naceu en Compostela, no ano 1978, e vive en Singapur. É licenciado en Belas Artes, «nada menos», ironiza, pero traballa no campo da física cuántica e formouse tamén noutras disciplinas científicas como as matemáticas. Desde onte pode verse no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña Rubén Ramos Balsa. El doble de la mitad, unha exposición na que, subliñaba onte o artista, aínda que non é unha retrospectiva, si que permite facer un percorrido polos tres lustros que abarca a súa obra. En canto ao título da mostra, aclaraba: «O dobre da metade en realidade é a unidade; é unha definición da unidade collendo pola parte simétrica, desde a metade. Esa maneira de definir a unidade é o leitmotiv desta exposición e do meu traballo».

Ramos, que no 2007 estivo presente na Bienal de Venecia, explicaba que na súa creación artística non se basea explicitamente na ciencia. «Creo que hai unha tendencia a pensar que o progreso, a evolución, o avance, vén dado da tecnocientificidade. Eu penso o contrario: por que non vai ser a arte a que abra as portas a novas revolucións, a novas visións». De tódolos xeitos, «no meu traballo artístico aniña coñecemento científico (eu traballo en patentes, en investigación, en física cuántica)», recordaba.