Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Un estudo reclama a Parga Pondal como referente científico de Galicia

Joel Gómez SANTIAGO / LA VOZ

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Ramón Gurriagán reivindica a figura do eminente xeólogo, a quen lle foi dedicado o Día da Galeguidade Empresarial

14 ene 2015 . Actualizado a las 07:10 h.

O estudo Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal, realizado polo investigador Ricardo Gurriarán, reivindica a figura do eminente xeólogo, a quen lle foi dedicado o Día da Galeguidade Empresarial, instituído polo Foro Enrique Peinador. «Probablemente esteamos a falar do científico galego máis importante do século XX», defende Gurriarán neste libro, presentado onte na Reitoría da Universidade de Santiago (USC), coa presenza do reitor, Juan Viaño, e do presidente do foro, Xosé González Martínez. A USC organiza mañá un acto académico e inaugura un busto, na Facultade de Química, para honrar a Parga Pondal, quen foi docente do centro desde case o inicio do seu funcionamento até 1936, cando foi expulsado «por esquerdista e galeguista», recorda Gurriarán. Realizou un importante traballo como docente e investigador, con proxección internacional como pioneiro na xeoquímica, acrecentou o autor.

Ao deixar as aulas, Parga Pondal promoveu o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, e colaborou con iniciativas empresariais galegas, como Cementos Oural ou Zeltia, relacionadas cos irmáns Fernández López, con quen colaborou estreitamente. Mantivo o prestixio internacional e tivo importantes recoñecementos académicos, entre eles o Doutoramento Honoris Causa, en 1983, pola USC, segundo salientou Gurriarán.