Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

«Dende Galicia tamén se fai ciencia e está presente»

Tamara Montero
tamara montero SANTIAGO / LA VOZ

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Álvaro Ballesteros

O docente abriu un ciclo de conferencias en Fonseca

05 nov 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

¿Hai relación entre ciencia e arte? Haina, e onte o profesor de Computación da Universidade de Santiago Julián Flores foi o encargado de poñer uns cantos exemplos sobre como a ciencia inflúe nas nove artes actuais. A súa conferencia foi a que abriu no Colexio de Fonseca o ciclo de charlas incluído dentro das actividades de conmemoración da Semana da Ciencia en Galego.

-¿Que relación hai entre ciencia e arte?

-A miña conferencia trata de expoñer como as novas tecnoloxías traballan en cada unha desas nove artes a través de exemplos desas relacións. Por exemplo, no cine agora principalmente úsanse os efectos especiais e o 3D, pero falamos do primeiro debuxo animado feito por ordenador, a primeira curta de animación ou o morphing, que se veu por vez primeira no filme Willow, así como nos efectos especiais que se utilizan na película Titanic.

-No cine semella doado ver a relación entre arte e nova tecnoloxía, pero noutras artes, como a escultura, ¿como interacciona?

-Na escultura hai ferramentas para deseñar por ordenador e unha escultura, pero tamén están as impresoras en tres dimensións, que comezan agora a funcionar. Por exemplo, na fotografía temos as cámaras dixitais e unha ferramenta como o Photoshop.

-De feito vostede traballou no Pórtico da Gloria virtual.

-Así é, no ámbito da arquitectura tamén hai ferramentas que permiten facer deseño por ordenador. O seguinte paso foron as visitas virtuais, iso que se ve por exemplo nas páxinas web para mercar un piso ou o que fixemos sobre o casco histórico, e tamén o Pórtico da Gloria.

-Abre o ciclo de conferencias da Semana da Ciencia en Galego. ¿Por que é importante conmemorar este día?

-Porque dende Galicia tamén se fai ciencia, hai que dicir que non todo é inglés e que a ciencia galega está moi presente.

-¿O inglés está a comer todo, non só o uso do galego?

julián flores profesor de computación

-Sexamos sinceros, moito non se usan as outras linguas, pero os grupos de investigación podemos falar galego entre nós e logo para saír ao exterior falamos no que nos entendan.