Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Talleres para profesores na feira da ciencia

La Voz

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Os estudantes de scundaria que queiran expoñer os seus proxectos en Galiciencia 2013 teñen ata o próximo 23 de outubro para presentalos

25 sep 2013 . Actualizado a las 13:10 h.

O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole vén de abrir o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2013 ata o próximo 23 de outubro. Os estudantes de secundaria aspirantes a expoñer na feira científica que terá lugar entre o 20 e o 22 de novembro nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas poderán achegar as súas propostas para a selección dos 50 participantes definitivos.

As bases de participación na Galiciencia 2013, organizada co apoio da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación, están dispoñibles na web de Tecnópole (www.tecnopole.es). O requisito é formar un equipo no que participen varios alumnos e un profesor e contar en tres folios un proxecto experimental e tecnolóxico ou un traballo documental.

Tecnópole organiza actividades paralelas para público e participantes. Este ano haberá, entre outros, varios talleres relacionados coa celebración do Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Agua e un espectáculo científico que poderá seguirse en streaming (en vídeo vía Internet) dende todos os centros de ensino de Galicia.

CURSO PARA PROFESORES

Como novidade, a programación da Galiciencia incluirá este ano, entre outubro e principios de novembro e nas catro provincias, talleres de capacitación dirixidos aos profesores para que axuden aos seus estudantes a preparar os proxectos, tanto para presentar na edición da Galiciencia como para outros certames similares de carácter estatal.

Galiciencia incluirá un concurso de fotografía e debuxo e un proxecto colectivo de vídeo que dará como resultado unha reportaxe audiovisual elaborada coas achegas de todos os participantes. Por outra parte, volverase montar a redacción da revista oficial da Galiciencia, composta por participantes no evento e que traballará para ofrecerlles aos asistentes o número impreso o último día da feira.