Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

A ciencia mudouse tres días dende Carballo ata Ourense

Patricia Blanco
Patricia Blanco CARBALLO/LA VOZ.

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Oito rapaces do instituto Alfredo Brañas expoñerán ata mañá varios experimentos dentro de Galiciencia

25 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Son rapaces, gústalles a ciencia, vena dun xeito divertido e, aínda máis, conseguen que o espectador ou espectadora a vexa así tamén. Explicada por eles mesmos. Co cal, xa se pode constatar ben que aquel tópico de que a ciencia é aburrida e que aquel outro de que só se vive esa rama recluído nun laboratorio non teñen nada que ver coa realidade. Para comprobalo, nada mellor que tomar exemplo dos oito rapaces do instituto Alfredo Brañas de Carballo (así como aos catro profesores que os acompañaron) que viaxaron ata Ourense. Concretamente, á Tecnópole e a Galiciencia.

Trátase, por así dicilo, dunha macrofesta da ciencia, sempre co obxectivo posto en motivar o interese dos mozos pola investigación científica. No Parque Tecnolóxico están reunidos dende onte, e ata mañá, uns 150 estudantes. Das catro provincias de Galicia, de Barcelona, de Tarragona, de Álava e de Guipúzcoa. En total, hai unhas 150 casetas expositoras e ao final haberá un premio para o mellor proxecto, segundo as tres categorías establecidas por tramos de idades.

Os rapaces de Carballo, explicaba onte o profesor de física e química José María de la Viña dende As Burgas de Ourense (el tamén se desprazou con eles), non levaron só proxectos, «senón feitos consumados». De física e química, de matemáticas e tamén de tecnoloxía. Os alumnos, explicaba, «están encantados». Ven e aprenden novas cousas e tamén se relacionan cos demais da súa idade e doutros puntos. Están no tempo de facelo.

Cos avances que hai hoxe en día traerán a Carballo un bo número de imaxes do seu paso por Ourense. «Está todo moi ben organizado», confirmaba De la Viña. Hai tempo para todo, para os experimentos destes mozos e tamén para que técnicos científicos xa profesionais vaian aínda máis alá: «As demostracións que fixeron hoxe [por onte] cos láseres foi impresionante». Mesmo para os profesores. A ciencia trunfa.