Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Informática ao servizo da natureza na Serra do Courel

Francisco Albo
Francisco Albo QUIROGA/LA VOZ.

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

A Deputación espera que a aula ambiental que constrúe en Seoane axude nas actividades da estación científica

10 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A Deputación iniciou a semana pasada a construción dunha aula ambiental no edificio da Estación Científica de Seoane, a terceira instalación deste tipo que se crea dentro do programa LugO2. O organismo provincial espera que os traballos conclúan en breve prazo, pero aínda non fixou unha data para a inauguración da aula.

Os responsables do programa sinalan que a nova aula será a mellor dotada das que forman este conxunto e que terá unha importancia especial dado o particular valor do patrimonio natural da Serra do Courel. Neste local está previsto instalar como mínimo unha decena de ordenadores con conexión a Internet, unha pantalla de vídeo e un equipo multimedia. Este material utilizarase para explicar aos visitantes as características do medio natural da serra e para desenvolver actividades de educación ambiental dirixadas aos centros escolares. A aula acollerá tamén exposicións sobre a natureza e a conservación do medio ambiente.

A construción da aula do Courel foi decidida mediante un convenio asinado entre a Deputación e a Universidade de Santiago pouco antes da inauguración da estación científica, que entrou en servizo en xuño.

Colaboración

A Deputación inaugurou o pasado xullo outras dúas aulas deste tipo, situadas en Guitiriz e A Fonsagrada. A que se está a habilitar en Seoane -indican os responsables do programa LugO2- presenta o valor engadido de estar ubicada nun centro de investigación da Universidade de Santiago. «Isto abre unhas posibilidades de colaboración moi importantes e estamos seguros de que a aula non só prestará servizo á poboación como punto de información turístico e como recurso educativo, senón que tamén poderá aproveitarse para as actividades científicas da estación», apuntan.

A creación destas aulas encádrase nunha das liñas de actuacións trazadas para o programa LugO2, dotada cun orzamento total de 95.000 euros. A Serra do Courel é unha das catro zonas onde se leva a cabo este programa, que ten por obxectivo promover o desenvolvemento dos principais espazos naturais da provincia mediante accións relacionadas coa conservación e a divulgación dos valores medioambientais. As outras zonas son Os Ancares, Terras de Miño e o espazo Río Eo-Oscos-Terra de Burón.