Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Roo, berce de científicos

J. M. Sande MUROS/CORRESPONSAL.

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Os alumnos do colexio Emilio Navasqües convidaron aos pais a unha xornada dedicada aos experimentos

14 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Pais, nais e alumnos do colexio Emilio Navasqües de Cruceiro de Roo participaron nunha xornada de portas abertas, na que o reclamo de realizar experimentos relacionados co mundo do son, serviu de novo para que todos os colectivos mergullados na educación desta vila se achegaran ao centro e gozaran dun día de ciencia.

Esta xornada xirou ao redor da física do son a través da metodoloxía científica. Ao falar de son na educación primaria búscanse os seus aspectos artísticos, que son os de maior alcance educativo nestes anos, e tamén os que espertan máis curiosidade nos nenos. Dese xeito, tamén se consegue que os alumnos adquiran unha mente crítica e unha actitude racional.

O profesorado de Roo entende que os seus alumnos utilizan nos xogos procedementos dos que se serve tamén a ciencia, como son a observación, a manipulación, a experimentación, e a clasificación; xa que os nenos amosan, de forma natural, unha actitude que lle é moi útil ao científico, como é a curiosidade.

É por iso que as xornadas serviron tamén de clausura dun proxecto iniciado en xaneiro nas aulas, no que os alumnos se converteron en verdadeiros científicos, ao realizar experimentos que lles axudaron a entender a física do son. Así, cuestións tales coma que é o son, por que medios viaxa, como chega aos nosos oídos, como se almacena e reproduce nos distintos aparellos tecnolóxicos ou como se produce a voz humana, foron obxecto de estudo a través de diversas experiencias.

Museo das Ondas

Os asistentes á xornada de portas abertas tiveron a oportunidade de realizar diversos experimentos vinculados co mundo do son, nos que foron guiados polos propios alumnos do centro escolar. Ademais de participar en experimentos cos nenos, as persoas maiores tiveron a oportunidade de descubrir cousas interesantes tamén para eles, como quen foi o verdadeiro inventor do teléfono ou da radio, quen viaxou máis rápido que o son, ou cal foi a primeira película sonora, grazas ao material do que se dispón no Museo das Ondas do colexio. Nesta aula amósase unha exposición que parte en Aristóteles e vai reflectindo os coñecementos e avances científicos que se fixeron sobre o son ao longo da historia.

A experiencia foi todo un éxito, dada a gran participación da comunidade educativa de Roo. Por unha banda, conseguiuse que os proxenitores sintan o colexio coma algo seu e se involucren máis na educación dos seus fillos e, por outra, que os nenos gozaran dunha xornada de lecer.