Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

«A Física considerouse unha ciencia de segunda»

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Históricamente vencellada a outras disciplinas, non foi ata 1981 cando se creou a licenciatura

10 dic 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Sempre vencellada a outra carreira universitaria. Así estivo a Física en Compostela dende o século XVIII, cando comezou a impartirse, ata 1981, cando se conseguiu que fose considerada como disciplina. Da evolución dos estudos desta ciencia faise cargo o libro Historia da Física na Universidade de Santiago de Compostela, do que son autores Rafael Sisto e María Luisa Losada, que onte se presentou en Compostela como un primeiro paso para crear unha exposición pedagóxica no centro.

-A idea xurdiu dunha revisión dos arquivos para conmemorar os 25 anos da facultade.

-Si. Pero o texto naceu pola necesidade de darlle cobertura ao inventariado dos trebellos que están expostos de xeito permanente na Facultade de Físicas. Decidimos mellorar as fichas de cada un destes instrumentos e facerlle fotos. Moitos son de inicios do século XX, e ese inventario precisaba dunha cobertura que é o texto que repasa a historia da Física na Universidade de Santiago.

-¿E cando se iniciaron os estudos de Física na USC?

-Durante moito tempo foi unha sección de Física. Como materia en si dábase nun curso preparatorio para os alumnos de Medicina do século XVIII. Dende ese momento ata que se creou a Facultade de Física houbo que superar moitos atrancos. Pero fixemos de necesidade virtude, xa que a Física sempre estivo vinculada a outras disciplinas, algo que se pode ver nos plans de estudo. Os licenciados en Física poden traballar en moitísimos ámbitos da sociedade.

-Estar sempre vinculada a outra disciplina ¿significa que se considerou unha ciencia de segunda?

-En parte considerouse unha ciencia de segunda. Decatáronse tarde, no século XX, de que a ciencia ter que estar vencellada á sociedade. De feito, a maior parte dos instrumentos espallados pola facultade non estaban dedicados á investigación, senón a que os alumnos realizasen exercicios prácticos. Creouse un gabinete e comezaron a mercarse estes trebellos no século XIX, pero o concepto moderno da Física é moi serodio.

-Fala de atrancos para acadar o rango de licenciatura.

-Tiña que ver co centro dos estudos, que era Madrid. O súmmum para un catedrático era selo en Madrid e moitos ían facendo carreira por provincias, porque era un trampolín, así que os grupos que se formaban non tiñan continuación. O feito de que existise a licenciatura significaba que habería catedráticos na USC.

-¿E alumnos? ¿Foron sempre poucos?

-Non, non é algo de sempre. Hoxe hai máis de 400 estudantes de Física, pero a mediados da década dos oitenta chegouse a pensar en establecer numerus clausus, porque se matriculaba moita xente. Púxose de moda.