Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

«Dun tempo a esta parte o Chou ten moito prestixio»

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Os cirurxáns galegos realizan unha posta ao día na súa reunión científica anual

28 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Dende os seus primeiros pasos no hospital Santa María Nai, cando o antigo centro provincial empezaba tamén o seu camiño, Carlos Gómez Freijoso, xefe do servizo de cirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, fraguou unha longa traxectoria que onte o trouxo á súa provincia natal como presidente da Sociedade de Cirurxía de Galicia.

-¿Están celebrando a LIII Reunión da Sociedade de Cirurxía de Galicia, que aportará este encontro?

-Os compañeiros de Ourense prepararon un programa con moitas referencias; falamos de controversias en cirurxía de urxencia, do tratamento da infección intraabdominal, de cirurxía laparoscópica colorrectal e de cirurxía extendida en cancro de recto localmente avanzado. Hai que ter en conta que a prevalencia de cancro de colon e recto aumentou moitísimo estes últimos anos.

-¿Preséntase algunha novidade en técnicas ou abordaxe?

-Novidade non porque leva uns anos, pero todo isto que antes se facía por cirurxía aberta, agora faise por vía laparoscópica; iso evita estancias prolongadas no hospital, e as incisións son moito máis pequenas.

-¿É unha técnica extendida en todos os hospitais de Galicia?

-Cirurxía laparoscópica colorrectal faise en todos os hospitalis de Galicia, algúns xa con experiencia e outros empezando, pero faise en todos.

-¿Cal é o nivel de calidade e prestacións da nosa cirurxía?

-Estamos á altura de calquera país do mundo, non necesitamos ir fóra para operarnos de calquera tipo de patoloxía dixestiva e cirurxía xeral; en calquera hospital de Galicia faise calquera tipo de técnica exactamente igual ca en calquera país estranxeiro.

-¿E en medios? ¿Temos os suficientes cirurxáns e as infraestruturas e estruturas precisas?

-Na especialidade de cirurxía estamos en igualdade cos hospitais do resto do estado español; de momento penso que é suficiente o número de profesionais que hai; igual nun determinado sitio hai que contratar pero, en xeral, está ben. E en canto a medios materiais, estamos exactamente igual ca no resto do estado.

-¿Como valora a iniciativa de recoñecerlle ao Chou o carácter universitario?

-Moi ben porque dun tempo a esta parte o Chou ten moito prestixio. A Facultade de Medicina de Santiago ten que botar man dos distintos hospitais que hai en Galicia, non só do Clínico de Santiago, eu son desa opinión. Iso non quere dicir que haxa máis dunha facultade de Medicina, pode haber unha e contar cos recursos de todos os hospitais. Todo iso está en mans dos rectores, que xa se reuniron cos conselleiros de Educación e Sanidade, son eles os que teñen que porse de acordo.