Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

«Na carreira traballamos coa actualidade, non coa memoria»

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

O novo decano de Ciencias da Comunicación, «non de Xornalismo», xustifica pola rutina da profesión que a carga teórica das súas titulacións sexa menor que noutras

15 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Por primeira vez na súa historia, a Facultade de Ciencias da Comunicación conta cun equipo decanal formado por docentes que se formaron nese mesmo centro. Á fronte, José Pereira, quen ten claro que o feito de ter vivido as deficiencias da facultade na propia pel é un valor engadido á hora de tentar mellorar o funcionamento do centro. Os retos son catro: mellorar os indicadores de calidade; fomentar o compromiso social; acabar co pesadelo da burocracia, e apostar pola internacionalización grazas á mobilidade.

-Será lembrado como o decano que afrontou a adaptación práctica a Bolonia. ¿Como se leva?

-Ben. Houbo cambios importantes tanto técnicos como de filosofía. As clases teóricas pasaron a ser de 50 minutos e as prácticas son de ata dúas horas, o que obedece ao feito de reducir as horas do alumno diante do profesor. Os profesores teñen que adaptar o seu traballo a unha parte que o alumno ten que facer sen el. Ten que madurar, porque a estratexia que nos marca a adaptación ao espazo europeo é que a maduración persoal, intelectual e profesional dos estudantes ten que ser tamén con esforzo persoal, non vale que se responsabilice só ao profesor da formación do estudante. Obviamente, o primeiro ano non se consegue o 100% dos obxectivos, pero imos ben, porque os profesores entenderon que hai que crear infraestrutura para que se cree o contexto para que o alumno asuma competencias profesionais e académicas que o leven ao éxito absoluto.

-As de comunicación foron sempre carreiras cunha compoñente vocacional moi forte. ¿Os rapaces seguen a tela?

-É difícil globalizar. Hai moita xente que vén con moita vocación e ganas de aprender. Hai quen vén con moita vocación e poucas ganas de aprender e hai outras que veñen sen vocación pero con ganas de aprender. O noso traballo é tentar reconducilos todos. A vocación é importante, pero o procedemento que se precisa para mellorar as técnicas, como en calquera traballo, son fundamentais, e para iso estamos aquí.

-¿Trasládase nas aulas a realidade dos medios máis alá das máximas tradicionais do xornalismo?

-Cando os rapaces chegan, como en calquera titulación, entran cunha imaxe idílica. É obriga dos profesores e da facultade explicarlles modelos ideais e analizar por que funcionan e por que fracasan. Pouco a pouco cada un vaise decatando do contexto no que quere vivir. Creo que todos os profesores e todo o sistema universitario deixa claro que rematar a carreira non é igual a ter un traballo e que a vida dá moitas voltas e as empresas teñen tantas formas de traballar como empresas son. No momento no que un é capaz de atopar modelos e atope xeitos de traballar, hai que ir adaptándose ao contexto. Da carreira saen preconcibidos dos problemas da profesión, pero van aprendendo unha vez traballan.

-Por iso a carga teórica é menor que noutras titulacións.

-É verdade que a nosa filosofía, pola que se guía o noso propio discurso, non se trata de «chapar» folios, como pode ser noutros lados, porque traballamos coa actualidade, non coa memoria e a actualidade, por definición, remata cada día. Trátase de facer moitas prácticas e aproveitar as horas na facultade.