Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Os glaciares do Courel serven de recurso educativo

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

A xeoloxía da serra protagonizará unhas xornadas de formación científica dirixidas ao profesorado galego

10 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

As pegadas dos glaciares que existiron na Serra do Courel durante a Idade do Xeo ocuparán un importante papel na oitava edición das Xornadas Ciencia e Territorio que organizan a asociación Nova Escola Galega e o instituto de ensino secundario de Melide. A primeira destas xornadas, que se celebrarán entre o 9 e o 11 de setembro, estará dedicada a recoñecer e estudar sobre o terreo os vestixios de glaciarismo que se poden observar neste territorio.

A convocatoria está dirixida a profesores dos centros educativos galegos e ten como obxectivo principal, segundo os organizadores, o de dar a coñecer as posibilidades didácticas que ofrecen as pegadas dos antigos glaciares para o ensino das ciencias naturais e da xeografía física. As actividades de campo desenvolveranse, ademais do Courel, nas montañas de Pena Trevinca e Manzaneda, cuxo relevo tamén mostra un forte influxo do glaciarismo.

Os educadores que participen nas xornadas visitarán estas zonas baixo a dirección de Augusto Pérez Alberti, catedrático de xeografía física da Universidade de Santiago. Pérez Alberti é un dos autores do libro Unha historia xeolóxica de 500 millóns de anos , unha guía didáctica sobre a xeoloxía da serra courelá que foi editada no 2006 pola Asociación Río Lor.

Pegadas do xeo

As actividades formativas previstas para a Serra do Courel centraranse no val da Seara e nos seus arredores, onde son especialmente visibles as marcas deixadas polas grandes masas de xeo que existiron na zona durante a última era glacial. Os científicos identificaron varios antigos glaciares -sinalados cos nomes de Lucenza, Formigueiros, O Carballón e Porto Mourelo- que confluían por debaixo da lagoa de Lucenza. Outro glaciar puido existir na zona da aldea de Vieiros, aínda que esta posibilidade non está suficientemente demostrada.

O efecto erosivo dos vellos ríos de xeo pode notarse actualmente en diversos trazos característicos do relevo da serra, como son os chamados circos glaciares, unhas grandes cuncas en forma de anfiteatro das que o mellor exemplo nesta zona é a cabeceira do val onde se encontra a lagoa de Lucenza. Nos arredores da lagoa -formada na fase final da glaciación- e en varios puntos situados ao sur da localidade da Seara poden identificarse por outra parte os depósitos de sedimentos formados polos materiais que arrastraron os glaciares no seu camiño.