Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

«A inversión económica determinará o futuro universitario de Ourense»

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Foi profesora de moitas xeracións de mestres. Experta en pedagoxía, ten ante si o reto de dirixir a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense

02 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

É a única candidata en suceder a Xosé Manuel Cid no posto de decano da Facultade de Ciencias da Educación do campus. Pero Mercedes Suárez é moito máis. Unida ao mundo do ensino en Ourense dende hai preto de trinta e cinco anos, tivo que pasar por moitas épocas educativas que trouxeron consigo cambios importantes. Agora afronta un novo reto ao fronte da facultade nunha etapa crucial de cambio.

-Mais de trinta anos dedicada ao ensino.

-Pois dende o ano 1974 e sempre no mesmo sitio: na universidade. Primeiro no colexio universitario, o primeiro ano que apareceron os estudos de pedagoxía, que era o segundo ano que había colexio universitario en Ourense. E dende aquela non me movín.

-As cousas cambiaron moito nestes anos.

-Houbo un cambio enorme. Partiamos dun edificio no que os únicos estudos eran os de maxisterio. Inauguráronse outros estudios que tiveron durante anos carácter provisional. Foi un espazo prestado. Naquel momento estaban case sen amoblar. O primeiro cambio foi cando tivemos un edificio propio, o de Ferro. Alí comezamos a ter unhas instalacións que eran universitarias. E agora o cambio é enorme: instalacións deportivas, actividades. E aumentamos tamén en número de titulacións.

-Vostede é pedagoga.

-En o primeiro momento fun profesora de pedagoxía e agora de psicopedagoxía. Sempre din cuestións relacionadas coa didáctica.

-Neste campo tamén houbo retos importantes.

-Houbo sobre todo cambios de planes de estudos. Eses son os primeiros dos cambios. Apareceron os cuadrimestres, materias máis cortas en tempo, e máis materias para o alumnado. O que supuxo un problema para o alumnado e para o profesorado que tivo que acostumarse a traballar unhas materias en menos tempo. O alumnado veuse prexudicado porque non é o mesmo ter cinco materias nun ano que doce. Agora o gran cambio é o espazo europeo. Unha ruptura bastante grande. Estamos nunha fase exploratoria e non sabemos o que dará de si.

-¿De que dependerá que Ourense estea preparada para o espazo europeo?

-A inversión económica determinará o futuro universitario de Ourense. Unha das características que se presenta é que haberá unha tutorización mais detallada con respecto ao alumnado: terá que reducirse o número de alumnos por profesor e iso supón inversión económica. Haberá que cambiar as aulas. Os espazos terán que ser máis flexibles. Supoño que o cambio será grande.

-E falta pouco.

-No 2010 non se poderán ofertar primeiros cursos dos planes antigos. A previsión que temos é que no curso 2009/2010 ofreceremos xa os novos planes de cursos e a nova estrutura.

-¿Por que decide presentarse ao cargo de decana?

-Teño un coñecemento bastante profundo da universidade e do noso centro en concreto. Sempre tiven cargos de subdirección, de vicedecanato. Teño experiencia en xestión. Presentarme a decana supón para min un reto moi importante. Aínda que levo tempo na universidade será todo un reto o que supón os novos planes de estudios. Como decana espero poder organizar esta etapa tan crucial no espazo europeo, con apoio de todo o mundo. Conto ademais cun centro moi privilexiado

-¿Por que é privilexiado?

-É unha Facultade de Ciencias da Educación e é unha das mellores valoradas do campus. Imos a ter o ano que ven un posgrao oficial que imos a poñer en práctica e que se chama Intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos . Será outro reto da facultade e que me gustaría levar porque coordinei a proposta. Outro dos retos será que non mingúe a calidade do centro a pesares dos cambios e que poida ir mellorando. En principio non creo que me atope con nada que non teña xa previsto. Haberá que acometelo con seguridade e co apoio de todo o mundo. O que teño que facer é traballar máis do que xa traballo agora.

-¿Como será a súa relación como decana cos alumnos?

-Nos nosos centros sempre tivemos unha tradición que tiña que ver con ser un decanato de portas abertas. A dinámica será fundamentalmente esa, tanto para os alumnos coma para os mestres.