Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

«As portas do decanato estiveron sempre abertas aos alumnos»

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Xosé Manuel Cid viviu o nacemento do campus ourensán e da Facultade de Ciencias da Educación. Tras oito anos de decano, abandona o cargo

24 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Seguramente é unha das persoas que máis sabe sobre a historia da educación na provincia dos últimos años. Xosé Manuel Cid (Morgade, Xinzo, 1957) veu nacer o campus de Ourense dende diferentes postos de responsabilidade -sempre relacionados coa educación- e agora tras esgotar os prazos de Decano de Ciencias da Educación deixa o cargo, aínda que seguirá unido ao campus como profesor.

-O seu é vocacional.

-A vocación se vai formando pouco a pouco. Os estudos de pedagoxía os decidín porque se implantaron en Ourense. Tiñamos Historia e Ciencias da Educación. Esta última era unha titulación nova que acababa de instaurarse en Santiago e no colexio universitario de Ourense se podían facer os tres primeiros anos. Pero si é verdade que tiña un certo interese polo tema. As veces te orienta o ter un bo profesor. Esta é unha das carreiras que decides moito pola túa experiencia previa, algo que non sucede con outras.

-Tras aprobar as oposicións quedou no que antes era o colexio universitario.

-Tiven a sorte de que cando termine os estudos de Filosofía e Ciencias Educación, separáronse en: Filosofía, Pedagoxía e Psicoloxía. Desa separación xeráronse máis prazas.

-¿Cómo viviu a creación do campus de Ourense?

-Vivina toda. Foi unha gran novidade que houbera focos de descentralización que permitían estudar os primeiros ciclos das carreiras. Dende aquel edificio do piso do Xardín onde estabamos todos ao que temos hoxe, imaxínate. Non é o mellor campus do mundo pero é un campus urbano con edificios para todos os títulos que se imparten.

-Houbo, en un primeiro momento, que elixir. A reconversión en campus levou consigo a aposta por unhas ou outras carreiras.

-Creo que con toda a incerteza posible acertamos moi ben. Houbo unha Educación Social, una Psicopedagoxía e un Traballo Social que dende aquela primeira promoción ata hoxe son tres titulacións que substitúen a dous e que teñen ata números clausos con persoas que se quedan fora. Foi extraordinario, poderiamos optar por outras posibilidades pero tiramos pola opción mellor. Alguén me culpou naquel momento do que se fixo, pero en realidade a miña influencia non foi tan decisiva. Eu era o director do colexio universitario de Ourense e so en algún momento se nos dixo que opináramos.

-O feito de ter titulacións terminais é importante.

-Antes os alumnos iniciaban aquí os estudios e os remataban en Santiago, titulábanse alí. Agora acaban aquí facendo teses doutorais. Xa temos doutores formados integramente por nós. É unha relación mais persoal e prolongada no tempo.

-Decano dende o principio.

-De directo do colexio (finais 1989) pasei a vicedecano de Humanidades (1990) con Victoria Carballo Calero ao mesmo tempo que dirixía os cursos de verán. Estiven de vicerreitor co equipo de Domingo Docampo e tiven que regresar de decano de Humanidades en 1997 porque ninguén quería facerse cargo. Foi en outubro de 2001 cando se creou a Facultade de Ciencias da Educación e dende aquel momento fun decano.

-¿Que dificultades atopou?

-Domingo Docampo conseguiu meter no campus as tres titulacións, con dificultades por falta de espazo. Queriamos un local de ensaios para o grupo de teatro e, de repente, cando ven maxisterio debe ser multiusos e utilizar como pavillón de deportes. Outras dificultades eran os laboratorios de ciencias porque necesitabamos un laboratorio de didáctica e as aulas de música e moito máis...

-De todo este anos ¿que momento destacaría?

-Persoalmente o momento máis bonito foi o libro e o acto de xubilación de cinco profesores. A coincidencia de que no mesmo ano se xubilen cinco. Por primeira vez nos xuntamos máis de trinta profesores que escribiron un artigo científico de homenaxe. Esa coordinación foi marabillosa. Démonos conta de que o nivel investigador da facultade era moi alto. Entra en unha perspectiva institucional. O día da xubilación non se fala das persoas senón da institución: a entrega á docencia ou á investigación. Tamén hai un reto no que estamos dende hai catro anos que é a experimentación do espazo europeo. Isto vai a supor unha grande coordinación do profesorado e de todos.

-¿Estaremos preparados?

-Podemos dicir que xa temos os medios adecuados. Temos novo mobiliario de mesas redondas e cadradas con cadeiras ao redor. Xa non serán esas aulas para soltar unha conferencia e que o profesor se marche sen máis.

-¿Como foi a relación cos alumnos?

-As portas do decanato estiveron sempre abertas aos alumnos. A miña relación con eles foi dobre. Por unha parte os alumnos cos que teño aulas nas que procurei conectar coa renovación pedagóxica, que as materias teóricas tiveran sempre a súa parte práctica. Os alumnos representantes incluso me chamaban ao móbil. Non houbo nunca barreiras entre eles e o decano.