Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

«Queremos revalorizar o papel de xente esquencida»

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

Entrevista | Julio Prada O coordenador científico do congreso «A Raia: 1936-1952. Historia e memoria» considera que se ten avanzado moito na recuperación histórica co gallo do Ano da Memoria

22 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? Campus de Ourense, as conferencias serán no Edificio de Ferro, e o Ateneo acollerán a vindera semana o congreso internacional sobre A Raia 1936-1952, nesta ocasión centrado na historia e na memoria. Julio Prada é o coordenador científico desta cita que se desenvolverá entre os días 28 e 30 deste mes. -¿O congreso de Ourense dará continuidade á experiencia de Chaves? -Son dúas visións diferentes dunha mesma realidade. No de Chaves -que se celebrou en decembro- centráronse as xornadas no aspecto antropolóxico e na memoria e neste imos facelo no aspecto histórico e na memoria. Non son iniciativas de continuidade, son dúas partes diferenciadas dun proxecto global. -¿Que contidos se abordarán nesta cita? -Este congreso será unha magnífica oportunidade para os estudiantes de 5º e 4º de carreira para conocer as novas liñas de investigación e familiarizarse con aspectos como a resistencia logo da guerra civil, o papel da muller, o contrabando e outras realidades e campos de traballo que son inseparables da realidad vivida naqueles anos. -¿Sigue a ser unha época escura e descoñecida? -Con estas citas dámoslle continuidade ó Ano da Memoria e vemos como van xurdindo pouco a pouco traballos e novas liñas de investigación que nos permiten ampliar os coñecementos e axudan á súa divulgación e a que os historiadores se impliquen neste eido. De feito pode constatarse o moito que se ten avanzado na última época. Desde a presentación da miña tese, téñense pubricado ata medio centro de traballos. -¿Ten percibido algún rexeitamento ou problemas? -Non. Si que é certo que existen casos como o recente da denuncia contra Dionisio Pereira -nos tribunais por unha iniciativa da familia dun antigo alcalde falanxista- máis nós esforzámonos moito no aspecto pedagóxico: non hai vinganza nin cambio dunha realidade por outra, só queremos revalorizar o papel dunha xente que foi esquencida e afondar no coñecemento histórico. De feito contamos sempre coa colaboración dos responsables dos rexistros civiles e militares. -E con ponentes de luxo para o congreso -É certo, son investigadores de primeira fila. Mais xunto a xente como Javier Rodrigo, o que máis sabe en España de campos de concentración, ou Heine, especialista na guerrilla, contamos con investigadores novos.