Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

A presidenta do Parlamento Galego salienta a vocación científica e tecnolóxica de Ferrol

La Voz LA VOZ | FERROL

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

CÉSAR TOIMIL

? presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, salientou onte no castelo de San Felipe, no decurso do acto que a cámara autonómica dedicou á cidade baixo o epígrafe Investigar, inventar, innovar: diálogos novos , a «vocación científica e tecnolóxica» de Ferrol e dos ferroláns. A dirixente socialista, nun acto que contou coa presenza do alcalde da cidade, Juan Juncal, ao frente de boa parte da corporación, sinalou que Ferrol é «unha urbe que ten sabido repensarse a si mesma, adaptarse aos retos das novas tecnoloxías e situarse na vangarda da investigación e do deseño». Competitividade Sinalou a presidenta do Parlamento de Galicia, ademais, o seu convencemento de que «a partir da investigación, a competitividade xerará unha verdadeira oleada de novos coñecementos». E nese sentido, subliñou que a innovación ofrece «unha oportunidade única de avance para a nosa sociedade». O acto celebrado onte no castelo de San Felipe, ao que os participantes chegaron en lancha desde o peirao de Curuxeiras, serviu de peche ás xornadas que o Parlamento de Galicia, no seu 25 aniversario, vén de dedicar a Ferrol.