Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Indicadores científicos

| UXÍO LABARTA |

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

17 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

RECENTEMENTE déronse a coñecer dous informes sobre os indicadores científicos. Un para Galicia e outro para España. Analizan ámbolos dous unha evolución de catorce anos na ciencia que se desenvolve. Os indicadores publicados teñen o valor do comparativo cuns instrumentos homologados a nivel internacional. Recollen os mesmos principios de avaliación da calidade que se veñen desenvolvendo na España dende 1988 para a obtención de incentivos de produtividade do persoal das universidades e do Consello Superior de Investigacións Científicas. Térmanse na análise das publicacións científicas de acordo aos criterios do ISI WEB of Science, e son un elemento común de avaliación da ciencia. Mais a presentación de resultados precisa dunha axeitada formulación de preguntas, pois os niveis de agregación temática e institucional son bosque mesto que impide un axeitado coñecemento da realidade científica para operar sobre dela. Por elo, recibindo con agrado que tamén os galegos escollamos a normalidade e non teñamos complexos para afrontar estudios comparativos sobre da nosa ciencia seguindo os criterios internacionais, o xeito de presentaren os resultados é confuso. Se un quixer coñecer, un supoñer, a realidade obxectiva da investigación mariña en Galicia, acudir ao devandito estudio sería inútil. O que non sucedería se a descritiva ou agrupamento dos indicadores respondera, por exemplo, aos epígrafes dos programas sectoriais formulados no propio plan galego, mesmo que un tal programa respondera a criterios tan imprecisos que establecera os seus obxectivos, un supoñer, baixo o slogan «do mar deica a mesa». Por máis que facer iso leve a singularizar uns alimentos por seren mariños, e excluílos doutro programa máis acaído, tal que tecnoloxía de alimentos. ¿Alguén formularía a investigación de lácteos nos programas gandeiro ou agrario? Mais o agrado de estudios tales vén da man de saber que aceptados eses indicadores da ciencia, tamén serán estes os criterios de mérito entre iguais aos que se atenderá prioritariamente nas comisións técnicas de avaliación e seguimento do Plan Galego de I+D+i, ou naquelas outras accións que coa ciencia teñan relación. Por ver de desterrar aquilo das ciencias ocultas.