Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

«Queremos facer un traballo científico e de investigación»

Mar Gil OURENSE

CON C DE CIENCIA Y CULTURA

PILI PROL

En dous minutos | Francisco Aramburu NOVO PRESIDENTE DA SOCIEDADE GALEGA DE MÉDICOS DE EMERXENCIAS

09 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Médico do servizo de urxencias do hospital Cristal, Francisco Aramburu vén de ser elexido presidente da Sociedade Galega de Médicos de Emerxencias. Con 450 socios aos que representar, o médico ourensán expón os retos desta nova andaina. -Somos unha sociedade científica, non unha asociación profesional, así que pretendemos que o noso traballo sexa, fundamentalmente, científico e de promoción da investigación. -¿Con que armas se vai conseguir ese obxectivo? -Queremos facer consensos, guías e protocolos de ámbeto galego para que todos os servizos de urxencias teñan o mesmo referente respecto a patoloxías concretas. Queremos conseguir que o paciente reciba un pouco máis de calidade e unificar criterios para que os enfermos sigan o mesmo camiño dende que entran en urxencias. -¿Hai xa traballo feito nese senso? -Posiblemente nun mes sairá publicada unha guía de asma e epoc (enfermidade pulmonar obstructiva crónica). Ten de especial que non é unha guía máis, senón algo específico para tratar a ese tipo de pacientes cando chegan a un servizo de urxencias. Dese xeito queremos seguir traballando en moitas outras patoloxías. -¿A investigación é hoxe a gran ausente? -Co sistema actual de traballo os profesionais de urxencias apenas teñen tempo para investigar, pero a sociedade vai solicitar unha beca e tomar iniciativas para facer posible a unión de traballo cotián e plans de investigación. -¿Que completa o plantel de reivindicacións? -O recoñecemento da especialidade e da categoría de médico de urxencias.