Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

26 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

AS UNIVERSIDADES e os centros de investigación mariña de Galiza quéixanse do non ter sido consultados e aproveitados na crise do Prestige . Algúns científicos competentes, atrevéronse xa hai semanas a criticar técnicamente as decisións tomadas polas autoridades na xestión do problema. Reducidos á condición de abaixo-asinantes, os científicos galegos tiveron que actuar como sociedade civil, por iniciativa propia ou a pedimento dos medios de comunicación, coa única esperanza de informar ou crear opinión, sabendo que os seus coñecementos non se tiñan en conta para a toma de decisións nin para prever riscos. Os gobernantes autonómicos e estatais desprezaron a capacidade do sistema científico galego para avaliar a situación e informar técnicamente dos datos disponibles. Mesmo cando por fin se constitúe unha comisión técnica faise con criterios centralistas e de endogamia política e científica dificilmente comprensibles. ¿Por que non se aproveitou o sistema científico público que está a disposición da sociedade? Quen goberna ten a responsabilidade de saber coordenar os recursos disponibles e acadar os non disponibles. Tamén nisto fracasaron, por desconfianza política ou por insensata autosuficiencia. Non foron quen de consultar con quen tiña coñecementos para informar con criterio as súas decisións. Aínda por riba quixeron botarlle as culpas dos seus propios erros políticos a uns «técnicos» descoñecidos que en realidade eran cargos políticos. Tanta soberbia puido facer pensar que Galicia carece de ciencia, cando conta con grupos de investigación que son os millores coñecedores das correntes e dos fondos mariños, da dinámica dos ventos e do ecosistema afectado. Un mes despois aínda descoñecen que teñen un sistema de I+D mobilizado contra a marea negra.