Authorization Required

This server could not verify that you are authorized to access the document requested. Either you supplied the wrong credentials (e.g., bad password), or your browser doesn't understand how to supply the credentials required.

Os galegos en Mayotte, tras o ciclón Chido: «Hai quen necesita axuda médica e aínda está á espera»

Andrés Rey REDACCIÓN / LA VOZ

ACTUALIDAD

Barcos amontonados en el puerto de Dzaouzi, en Mayotte.
Barcos amontonados en el puerto de Dzaouzi, en Mayotte. Yves Herman | REUTERS

A medida que a luz e a auga van volvendo a algunhas partes da illa, a ourensá Raquel Trigo intenta aguantar e axudar en todo o que pode mentres agarda pola asistencia do Consulado español

20 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Cinco días despois do impacto do ciclón Chido na illa de Mayotte, a ourensá Raquel Trigo fala todos os días co Consulado español e coa súa irmá, Rocío, que está pendente de todas as novas dende Sandiás. «A luz e a auga aínda non volveron. Comida segue tendo, que non se lle rematou, e pode aguantar uns días máis», conta Rocío. Pero o Consulado segue sen ofrecer ningunha solución, á espera das ordes do Goberno francés, e os recursos esgótanse.

Por sorte, Raquel non perdeu o coche. Pode desprazarse pola illa, ata algunhas zonas onde xa hai auga, electricidade e cobertura, e dende aí carga o teléfono e fala coa familia. «Preto do aeroporto, por exemplo, si que empeza a haber eses servizos, e a xente local está recibindo auga e alimentos. Eles [os españois] aínda non», explica Rocío, que se amosa comprensiva: «Os mayotenses perdérono todo. Non teñen nin comida, non teñen nada, por iso Francia os prioriza».

A comunidade española no departamento francés —unhas cincuenta persoas— está intentando exercer presión para que España os evacúe ou envíe axuda o antes posible. Rocío conta o caso dunha persoa en concreto que necesita asistencia sanitaria, apuntouse nunha listaxe do Consulado para saír da illa e explicou a súa situación, pero aínda está á espera.

O que lles queda aos españois, polo tanto, é botarse unha man mutuamente. «Estanse axudando moito, iso pódocho garantir. De feito, a miña irmá ten a unha persoa con ela, na casa, que perdeu a vivenda —afirma Rocío—. E non só entre eles. Raquel tamén axuda moito á xente local, veciños de alí que non teñen recursos... Está axudando todo o que pode, pero a ver o que aguanta».

Por outra banda, Nerea García, con quen La Voz de Galicia falou onte, segue sen saber nada das irmás muradás Carina e Carla Sendón. «Las noticias llegan a cuentagotas», di. Emmanuel Macron prometeu este xoves, dende Mayotte, todo o pulo do Estado francés para reconstruír o territorio. «Se puidemos reconstruír Notre Dame, poderemos facelo con Mayotte», asegurou. O presidente prometeu un plan global de rexeneración, aínda que recoñeceu que por agora é «imposible» calcular canto custará.