Aínda que nunca chegaron a irse de todo, The Homens volven esta noite na que será a súa primeira actuación dende o 2011. O grupo compostelán de power pop galego fai un alto no seu «parón indefinido» cun concerto no que comparten cartel con The Lost Omelette Makers e no que interpretarán un repertorio elixido polo seu propio público a través de internet
Xesús Fraga