17 may 2002
A Real Academia pide políticas de defensa do galego no ensino, a empresa e os medios
As propostas enviadas á Xunta solicitan que se condicione a concesión de subvencións ó emprego do idioma da comunidade A Real Academia Galega demanda maior implicación do goberno autonómico no fomento do uso do galego. O seu presidente, Xosé Ramón Barreiro, clausurou onte a sesión plenaria extraordinaria que os académicos mantiveron no Teatro Principal de Pontevedra con motivo do Día das Letras Galegas dando lectura a unha serie de propostas á Xunta e ó Parlamento para solventar problemas que están impedindo a normalización do idioma.