Escritor, produtor cultural e editor do selo independente Elo da Corrente Edições, o brasileiro Michel Yakini participou en Santiago no VI Coloquio Internacional sobre Literatura Brasileira Contemporánea, promovido desde a Universidade de Brasília. Este acontecemento tenta organizar unha rede especializada con universidades de varios países, como as de Oxford, a Sorbona de París, Berlín, varias dos Estados Unidos e Italia, ou a USC, entre outras. Yakini ofreceu tamén un taller literario na libraría Ciranda de Santiago, interveu na Universidade de Vigo, e participou do carnaval galego, nas dúas semanas que permaneceu con base en Compostela
Joel Gómez