14 abr 2002
«Penso que hai que potenciar máis a imaxe da marca da Costa da Morte»
Onte inauguráronse en Cabana as primeiras Xornadas de Desenvolvemento Integral do Territorio, ás que asisten 32 persoas. Nela participan tamén expertos que, ó final das xuntanzas esperan poñer en común as conclusións. Rubén Lois González, profesor de Xeografía na Universidade de Santiago, asegura que este é un momento clave para a zona: «Penso que hai que potenciar máis a imaxe da marca Costa da Morte», afirma.